chelicia

0 valoraciones
Provincia

A Coruña

Actúa en

A Coruña

instrumental

Descripción: CHELICIA Grupo de Violonchelos de Compostela Carlos G. Amigo-Ailsa J. R. Lewin-Palmira Martínez-Thomas Piel Chelicia nace no 2005 a partir da inquedanza de catro violonchelistas residentes en Galiza; os catro de ...

Precio: Consultar €

Publicado el 14/04/2007 00:00:00 | 2200 visitas

Descripción

CHELICIA

Grupo de Violonchelos de Compostela

Carlos G. Amigo-Ailsa J. R. Lewin-Palmira Martínez-Thomas Piel

Chelicia nace no 2005 a partir da inquedanza de catro violonchelistas residentes en Galiza; os catro de diversas procedencias, tanto musicais como culturais: un galego, unha inglesa, unha valenciá e un alemán que atopan no compañeirismo e na súa laboura diaria na Real Filharmonía de Galicia a maior das motivacións para querer facer música xuntos máis alá da cotidianeidade orquestral.

Co ánimo de explorar o repertorio consagrado aos grupos de violonchelos, que constitúen pequenas orquestras de cámara, Chelicia aspira ser un instrumento de achegamento destes repertorios ao público sen esquecer a idoneidade desta formación para mesturar música con outras capas artísticas, así como a posibilidade de aumentar o reducir a formación no número de membros para obras específicas que así o requiran.
Chelicia ten actuado en diferentes vilas da xeografía galega como Ribeira, Cangas, Laxe, Ourense..En Abril do 2006, Chelicia foi invitado a participar nos actos conmemorativos dos 160 anos do Levantamento Galego de 1846 en Compostela que tivo lugar na escalinata de San Martiño Pinario. Asimesmo, teñen en proxecto una xira de concertos por Ecuador.
Chelicia foto 1 Chelicia foto 2

Opiniones de Chelicia

Formulario de contacto

Contacta sin compromiso con este artista

A través de unAplauso puedes ponerte en contacto con este anunciante.

Fecha del evento *

Al presionar "Contactar" estás aceptando las Condiciones Legales.